
Abraham Castro Neira (Silleda, 1986) é Arquitecto, Licenciado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Coruña. Técnico Superior de Urbanismo pola EGAP. Músico Graduado Profesional con especialidade en violoncello; poli-instrumentista intérprete de clarinete. Actualmente e dende o ano 2017 é Arquitecto Asesor Urbanista do Concello do Irixo e compaxina o exercicio da arquitectura coa continuación de estudos en diversas disciplinas.
Curriculum
2022 - Obra Seleccionada VIII Arquia Próxima
2022 - Obra Catalogada VIII Arquia Próxima
2021 - Premio Panorama de Obras na XV BEAU Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo
2021 - Premio COAG XIX
2020 - Gran Premio de Arquitectura Enor 2020
2019 - Premio Panorama de Obras na XI BIAU Bienal Iberoamericana de Arquitectura y Urbanismo - Campo de útbol de A Gandareira. Autores: Abraham Castro y Carlos Pita
2017 - Gañador concurso de traslado e creación de unha nova casa consistorial para Silleda - "Naturalmente Noso"
Tras finalizar os estudos de Arquitectura, comeza a exercer a profesión a finais do ano 2012; entre os anos 2013 y 2014 exerce como Arquitecto Asesor no Departamento de Urbanismo da súa vila, tras un breve período comenza a asesoría co Plan Xeral de Ordenación Urbana da mesma, atopándose a día de hoxe en proceso de aprobación definitiva .
A sensatez de medios, a identidade, o emprego de materiais do lugar, así como un escrupuloso control da execución mais os seus costes levaron os seus proxectos a ser destacados por administracións como a Consellería de Medio Ambiente respecto de intervencións en espazos naturais de Rede Natura 2000 e tamen entornos naturais de Especial Protección; do mesmo xeito, a rehabilitación de infraestructuras, espazos urbanos ou de protección patrimonial acadaron a mellor consideración por parte das administracións intervinintes .
En outubro do ano 2016, xunto con Natalia C. e Martín P., elabora o proxecto “Semente de pedra”, seleccionado por la Xunta de Galicia para a organización dos Obradoiros de Emprego nas materias de Cantería y Xardinería. Dende decembro de ese mesmo ano e ate maio de 2017 foi de Director de Obra e Coordinador de dito obradoiro.
En outubro de 2017 gaña o concurso para o traslado e nova creación do Concello de Silleda.
A partires do ano 2018 comenza a xestión urbanística do Concello do Irixo.
Foi becado en numerosas ocasións pola corporación Hijos de Rivera para participar nos Talleres 12 Miradas Riverside impartidos por mestres como o arquitecto Toni Gironès ou o deseñador Curro Claret.
Na actualidade mestura a elaboración de proxectos tanto para o sector privado como para as administracións públicas, así como a participación en diferentes sectores multidisciplinares.